Pasar al contenido principal

A Aula de Produtos Lácteos abre este venres as súas portas aos escolares dentro do Día Internacional do Leite

A Aula de Produtos Lácteos recibe este venres 4 de xuño a visita de máis de oitenta escolares da capital luguesa dentro das actividades de celebración do Internacional do Leite 2010.
O primeiro grupo, que chegará a estas instalacións da USC ás 9:30 horas, está formado por 31 alumnos de terceiro curso de Educación Primaria do CEIP Sagrado Corazón. Tomará o relevo ás 12:00 horas o segundo grupo, de 50 estudantes de quinto curso do colexio Maristas.
Os nenos e nenas poderán visitar a planta piloto da Aula de Produtos Lácteos, onde lles explicarán de xeito sinxelo as tecnoloxías que empregan para o tratamento e a transformación do leite. Ademais, explicaráselles a importancia de consumir leite para gozar dunha boa saúde e mesmo poderán degustar algúns iogures elaborados no centro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.06.2010.