Pasar al contenido principal

A Aula de Teatro busca futuras estrelas da escena universitaria

Non é precisa experiencia teatral, só gañas de traballar. Con estes requisitos a Aula de Teatro da USC abre as súas portas novamente a novos actores, coa probas de selección que vai realizar os vindeiros días 5, 6 e 7 de outubro na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño (Auditorio da Universidade, Campus Vida) a partir das 19:00 horas. Con estas probas, a Aula de Teatro vai escoller o reparto da que será a súa vindeira produción ‘As gatas’, baseada no texto de Agustín Gómez Arcos Los gatos. Nestas probas, as persoas que aspiran a subir ás táboas deberán ler un texto e realizar unha improvisación sobre o mesmo, ademais de pasar por unha pequena entrevista.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.10.2010.