Pasar al contenido principal

Investigadores da USC presentarán en México os seus últimos avances sobre autismo

A directora da Unidade de Atención Temperá, María José Buceta, participará no Congreso Mundial de Autismo

Coa intención de dar a coñecer os programas específicos levados a cabo nos últimos anos na USC para mellorar as destrezas comunicativas dos menores con autismo, a directora da Unidade de Atención Temperá, María José Buceta, participará en novembro no Congreso Mundial de Autismo que reunirá en México aos máis prestixiosos investigadores de todo o mundo no campo da psicoloxía e psiquiatría. María Xosé Buceta exporá no encontro os eficaces programas desenvolvidos na Unidade nos últimos quince anos, tempo no que conseguiron importantes avances na adquisición e desenvolvemento da linguaxe en menores con autismo.

Ademais, a profesora da USC presentará as investigacións levadas a cabo na Unidade para axudar a menores con síndrome de Asperger, un trastorno severo do desenvolvemento que trae consigo importantes alteracións no procesamento da información, deficiencias na interacción social e coordinación motora, así como inusuais e restritivos patróns de interese e conduta.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.10.2010.