Pasar al contenido principal

Unha delegación da Universidade xaponesa de Tenri visita a USC

O vicerreitor Francisco González dialoga con Mashiko Iburi
O vicerreitor Francisco González dialoga con Mashiko Iburi

Unha delegación da Universidade de Tenri (Xapón) encabezada polo seu presidente Mashiko Iburi visitou este venres a USC, onde foron recibidos polo vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González na sede da Reitoría compostelá no Colexio de San Xerome. Integrando a comitiva asistiron á xuntanza Koichi Yoshida, da Oficina de Intercambios Internacionais, e Mitsuharu Matsumura do Departamento Exterior da universidade xaponesa. A visita ten por obxecto reforzar os lazos entre ambas as dúas institucións que teñen asinado dende o ano 2005 un convenio orientado ao intercambio de estudantes

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.10.2010.