Óptica acolle unhas xornadas co gallo do Día Mundial da Optometría

A Escola de Óptica e Optometría da USC colabora na celebración do Día Mundial da Optometría acollendo nas súas instalacións as Xornadas ‘Visión 2010. Visión Binocular’ que promove o Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia. O docente e investigador da Escola compostelá Carlos García Resúa abrirá ás 11:45 horas a quenda de intervencións para falar sobre a visión 3D na vida cotiá. Deseguido, a tamén profesora da USC Mª Jesús Giráldez para falar sobre a visión binocular na atención optimétrica.