Un curso en Dereito reflexionará sobre a propiedade intelectual e a protección da obra audiovisual
‘Propiedade intelectual e protección da obra audiovisual’ é o lema do curso que a USC e o Clúster do Audiovisual de Galicia desenvolverán os días 17, 18, 19 e 24 de novembro no Salón de Graos da Facultade de Dereito coa participación de profesionais do sector e de especialistas da propia institución compostelá. O programa desenvolverase articulado nunha serie de seminarios no que en cada un dos días previstos se profundará na nova lei xeral audiovisual, na xestión e fiscalidade da obra audiovisual, propiedade intelectual neste ámbito e sobre os servizos da sociedade da información e o comercio electrónico, con especial atención á problemática das descargas ilícitas en Internet. O curso está dirixido a profesionais do sector audiovisual, autores de obras audiovisuais e estudantes de todas las titulacións. O seu obxectivo é ofrecer aos asistente un coñecemento integral dos aspectos máis relevantes da obra audiovisual, con especial atención á nova Lei 7/2010, de 31 de marzo, Xeral da Comunicación Audiovisual, que será examinada integramente. Para acadar máis información ás persoas interesadas poden visitar a páxina web do curso.