Pasar al contenido principal

Presentación do V Congreso Nacional e II Congreso Ibérico Agroenxeñaría 2009

O director da Escola Politécnica Superior de Lugo, Javier Bueno, ofrecerá este mércores 23 unha rolda de prensa para presentar o V Congreso Nacional e II Congreso Ibérico de AgroEnxeñaría que se celebrará no Campus lugués do 28 ao 30 de setembro.
No acto, que terá lugar ás 12:00 horas na Sala de Persoal da EPS, Javier Bueno dará conta das características e dos obxectivos, así como das diversas áreas temáticas que se achegarán neste congreso organizado polo departamento de Enxeñaría Agroforestal e a Escola Politécnica Superior de Lugo, en colaboración coa Sección Especializada de Enxeñaría Rural da Sociedade de Ciencias Agrarias de Portugal.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.09.2009.