Pasar al contenido principal

A USC ofrece unha visión non sexista da ciencia

Coa exposición interactiva 'Mulleres Nobel en Fisioloxía ou Medicina'

O Seminario Mulleres e Universidade da USC inaugura este luns, 2 de novembro, unha novidosa actividade coa que unha vez máis pretende visibilizar o papel da muller e fomentar o principio de igualdade de oportunidades no ámbito científico. Con esta pretensión poñen a andar a exposición interactiva ‘Mulleres Nobel en Fisioloxía ou Medicina. Unha visión non sexista da ciencia’ que ata o día 20 dese mes se poderá visitar no recentemente inaugurado Centro de Investigacións Biolóxicas da Universidade de Santiago (CIBUS).
A inauguración da exposición terá lugar ás 19:00 horas no Auditorio do CIBUS coa intervención da coordinadora do Seminario Mulleres Universidade, Montserrat Nogueira Álvarez, que fará unha semblanza da Premio Nobel de 1947 Gerty Cori.
A mostraNesta ocasión a exposición recolle os Premios Nobel conseguidos por mulleres na area de Fisioloxía ou Medicina, en concreto Gerty Cori, 1947; Rosalyn Yalow, 1977; Barbara McClintock, 1983; Rita Levi-Montalcini, 1986; Gertrude B. Elion, 1988; Christiene Nússlein-Volhard, 1995; e Linda B. Buck, 2004.
A mostra contempla elementos interactivos como ordenadores con documentos visuais das laureadas, xogos tipo arcade e demais material multimedia. Ademais, os que contestes unha enquisa con cuestións científicas relacionadas co contido da exposición participarán nun sorteo de material informático e libros científicos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.10.2009.