Pasar al contenido principal

Investigadores de Ciencias de Lugo organizan a Conferencia Electrónica Internacional sobre Química Orgánica Sintética

Un grupo de investigadores da Facultade de Ciencias de Lugo organiza ao longo de todo o mes de novembro a 13ª Conferencia Electrónica Internacional sobre Química Orgánica Sintética (ECSOC), na que participan máis de douscentos expertos dunha vintena de países de todo o mundo.
Este congreso electrónico, ao que xa se presentaron 112 comunicacións, desenvólvese integramente na rede, producíndose as discusións científicas a través dunha lista de correo específica que moderan o profesores da USC Julio Seijas e Pilar Vázquez Tato, que organizan o evento. Na organización colaboran tamén a Real Sociedade Española de Química, a Molecular Diversity Preservation International e a Xunta de Galicia.
As comunicacións on line deste encontro estrutúranse arredor de sete bloques temáticos como son os medicamentos e a química de produtos naturais, a química computacional, os polímeros e a química supramolecular ou os simposios sobre o selenio e a síntese das microondas. As achegas realizadas a este congreso incluiranse no Chemical Abstracts coa fin de que todas as persoas interesadas poidan dispor libremente das investigacións.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.10.2009.