Expertos europeos e americanos asisten na Facultade de Física á xuntanza internacional sobre materia a alta densidade e raios cósmicos
Investigadores europeos e americanos reuniranse dende o vindeiro luns 2 e ata o próximo mércores 4 no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías no transcurso da Reunión internacional sobre materia a alta densidade e raios cósmicos. O programa botará a andar o luns na Aula Magna da Facultade de Física a partir das 9:30 horas.
Na xuntanza se discutirán as predicións teóricas sobre os resultados que se agardan obter no grande acelerador de partículas do CERN relacionados coa materia a alta densidade así como os resultados que están aparecendo no laboratorio Auger en relación cos raios cósmicos. Tanto nesta última experiencia como nos experimentos do CERN existe unha destacada participación de investigadores da USC.
Na organización deste encontro participaron os profesores, Jaime Alvarez-Muñiz, Néstor Armesto, Elena Ferreiro, Carlos Pajares e Carlos Salgado