Continúan os concertos do ciclo 'Músicas a carón da Mosqueira' coa actuación o luns do Cuarteto Qvixote
O ciclo de ‘Músicas a carón da Mosqueira’, do Convenio Lugo Cultural, continuará este luns 2 de febreiro, coa actuación do Quartet Qvixote, cun concerto de corda, na Fundación Caixa Galicia a partir das 20:30 horas. Este ciclo consta de oito actuacións, das que xa se celebraron tres e que achega a Lugo a música clásica coa participación de numerosos artistas.
O grupo, fundado en 2006, ofrecerá na cidade unha mostra dos seus traballos, distinguidos con numerosos premios e protagonistas en eventos de carácter mundial. O programa da actuación terá unha duración de 45 minutos, con pezas de Haydn, Benet Casablancas e Janácek. O próximo concerto dentro deste ciclo terá lugar en marzo da man de José Antonio Domené.
As persoas interesadas en obter máis información sobre este ciclo e do resto da programación de Lugo Cultural poden facelo a través da súa web www.lugocultural.es.