Pasar al contenido principal

Tiro con arco, nova escola deportiva da USC

O Servizo de Deportes da USC abre o prazo para inscribirse nunha nova escola deportiva, o tiro con arco, para a que se deberá ter licenza federativa. Tamén se desenvolverá un curso de adestramento para nenos maiores de 9 anos, igualmente con licenza e acreditación dalgún curso anterior.
A escola para adultos, de iniciación ou de perfeccionamento, será no estadio universitario de atletismo entre os días 2 de marzo e 27 de maio, mentres que o destinado a nenos terá lugar do 6 de febreiro ao 19 de xuño supervisado por membros e responsables do Club de Arqueiros de Compostela.
Para máis información e inscrición deberase acudir ás Oficinas da Área de Deportes emprazadas na Piscina Universitaria (Tlfno: 981563100 Ext. 15070-15071-15072-15073-15076).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.01.2009.