Pasar al contenido principal

Os directores dos máis importantes medios de comunicación latinoamericanos danse cita na USC

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presidiu o acto inaugual do encontro
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presidiu o acto inaugual do encontro
No IV Congreso de Análise sobre Latinoamérica 'Construíndo Eurolat. As relacións de Latinoamérica e a Unión Europea'

Os máximos representantes do xornalismo latinoamericano atópanse estes días en Santiago para asistir ao Congreso de Análise sobre Latinoamérica ‘Construíndo Eurolat. As relacións de Latinoamérica e a Unión Europea’, un encontro organizado polo Grupo Diariocrítico e Prestomedia e dirixido polo xornalista Fernando Jáuregui.
A inauguración tivo lugar este luns no Colexio de Fonseca nun acto presidido polo titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, e que contou ademais coa presenza do reitor Senén Barro; do director do Grupo Diariocrítico, Fernando Jáuregui; do presidente europeo da Asemblea Parlamentaria Euro-Latinoamericana, José Ignacio Salafranca; e do director de Estratexia de Medios de Telefónica, Carmelo Calvo. Fernando Onega foi o encargado de conducir o acto.
Previamente á apertura oficial, os asistentes ao congreso reuníronse co reitor compostelán na Biblioteca América do Colexio de Fonseca para coñecer da súa man a historia da Universidade que os acolle.
Nesta cuarta edición, que se desenvolverá enteiramente na Facultade de Ciencias da Comunicación, participan setenta xornalistas de 25 países -entre eles os directores dos catorce xornais máis importantes de América Latina-, embaixadores en Madrid e na UE, directores de medios de comunicación galegos e españois e representantes políticos de gran experiencia internacional.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.01.2009.