Pasar al contenido principal

Aberto o prazo de inscrición para o curso de fotografía dixital na Escola de Formación de Profesorado de Lugo

Na aula de audiovisuais da escola de Maxisterio de Lugo celebrarase no mes de marzo un curso de fotografía dixital dirixido a persoas con coñecementos de fotografía, organizado pola Vicerreitoría de Cultura.
O curso será impartido por Xoán Piñón durante o mes de marzo, todas as fins de semana ata completar as 40 horas. O prazo de inscrición estará aberto ata o 19 de febreiro e as 16 prazas das que dispón o curso cubriranse por rigoroso orde de inscrición. Os interesados deberán apuntarse na Vicerreitoría de Cultura do Campus de Lugo, Praza de Pío XII, 3. Os seleccionados deberán abonar tras a súa admisión, 40 euros, para a comunidade universitaria, ou 70 euros, para o resto dos interesados.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.01.2009.