Pasar al contenido principal

O investigador Antón Álvarez, terceiro convidado do Café Científico este venres en Lugo

A charla terá lugar no Café do Pousadoiro ás 19 horas

Odirector do Departamento de Neurofarmacoloxía do Centro Médico Euroespes, e tamén recoñecido investigador, Antón Álvarez, será o encargado de abrir este venres 9 o terceiro Café Científico meeting Point en Lugo para tratar sobre as vacinas para o Alzeihmer. Será no Café do Pousadoiro, na rúa Pascual Veiga, ás 19:00 horas. Antón Álvarez foi recoñecido co Premio Investigador 2008 pola Federación Europea de Sociedades Neurolóxicas, e o Premio de Investigación Básica do Collegium Internationale Neuro-psychopharmacologicum (CINP).
Esta iniciativa celébrase cada primeiro venres de mes e trata de temas científicos de actualidade. Busca abrir un novo espazo de comunicación entre o mundo da investigación e a sociedade, acercando a ciencia aos cidadáns para facela intelixible. Así, o café estará aberto á asistencia de todos os interesados e buscará comunicar directamente e debater de forma aberta e próxima sobre ciencia, rompendo as distancias que crean outros foros de debate.
O tema será exposto de forma breve e sinxela para que a conversa flúa en torno das cuestións que formulen os participantes. O debate transcorrerá entre os asistentes e o convidado así como entre os propios asistentes.
Esta actividade divulgativa está organizada pola sección ibérica da sociedade científica Sigma Xi, The Scientific Research Society e coordinada polo seu presidente, Urbano Fra, tamén profesor da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.01.2009.