Pasar al contenido principal

A USC incorporouse ao Servizo de Identidade de RedIris

A Universidade de Santiago acaba de incorporarse ao Servizo de Identidade de RedIris (SIR) como provedores de identidade, o que posibilitará aos usuarios da USC empregar a súa identificación universitaria para acceder aos servizos ofrecidos polos provedores, tanto nacionais como internacionais, adheridos á plataforma de RedIris.
De entre estes servizos, ademais do acceso a recursos bibliográficos, os integrantes da USC terán acceso a diversos aplicacións como DreamSpark ou a identificación OpenID, entre outros. No primeiro caso, dispoñible en breve, trátase dun programa que permitirá aos estudantes descargar software de xeito gratuíto. Pola súa banda, a identificación OpenID posibilitará o acceso a sitios web que admiten este sistema de validación empregando como identidade URLs do formato http://yo.rediris.es/soy/usuario@dominio ou http://eu.rediris.es/son/usuario@dominio
Xa de cara ao futuro, ademais de prover identidade, a propia USC poderá actuar como provedora de servizos, de xeito que os usuarios doutras institucións adheridas a SIR poderían acceder aos servizos da USC sen necesidade de crear contas de usuario específicas.
RedIrisRedIRIS é a rede académica e de investigación española e proporciona servizos avanzados de comunicacións á comunidade científica e universitaria nacional. Está financiada polo Ministerio de Ciencia e Innovación, e incluída no seu mapa de Instalacións Científico Tecnolóxicas Singulares. Na actualidade, RedIRIS conta con máis de 340 institucións afiliadas, principalmente universidades e centros públicos de investigación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.01.2009.