Pasar al contenido principal

Bailes de salón, escalada ou cartografía básica, novas propostas deportivas da USC

Bailes de salón, iniciación á escalada ou un curso de cartografía básica son as novas propostas deportivas que a USC desenvolverá nas vindeiras semanas en Compostela.
Concretamente, as clases de bailes de salón correspondentes ao segundo cuadrimestre xa comezaron e estenderanse ata o próximo 2 de abril. Para as persoas inscritas no primeiro cuadrimestre as sesións celebraranse os martes e xoves, de 20:45 a 21:40 na Sala Multiusos do Estadio de Atletismo, e para o novo grupo de iniciación tamén os martes e xoves en horario de 19:45 a 20:45 horas na Sala Azul do mesmo estadio.
O curso de cartografía básica celebrarase os días 26, 27 e 29 de xaneiro, de 18:15 a 20:15 horas na Sala de Xuntas da Piscina Universitaria, mentres que o de iniciación á escalada será os mesmos días no Muro de Escalada do Estadio con dúas opcións horarias, de 11:00 a 13:00 horas ou de 16:00 a 18:00 horas.
Para inscribirse en calquera destas actividades deportivas é necesario estar en posesión do Cartón Deportivo, válido para un curso académico e con distintos importes en función do colectivo ao que pertenza a persoa interesada.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.01.2009.