O libro 'Espazos e luz envoltos en pedra' preséntase este mércores na Facultade de Filosofía
O arquitecto Julián Morenas dá conta no libro Espazos e luz envoltos en pedra das principais características do proceso de rehabilitación do edificio histórico de Mazarelos como Facultade de Filosofía da USC.
A obra presentarase ao público este mércores 4 a partir das 12:00 horas no Salón de Actos da propia Facultade nun acto presidido polo reitor da USC, Senén Barro, e no que intervirán ademais do autor, o vicerreitor de Cultura, Elias Torres, e o decano do centro Luís García Soto.
O volume, que conta cunha introdución de Senén Barro e cun prologo asinado polo ex reitor Darío Villanueva, reflicte nas súas páxinas a conferencia impartida polo actual ministro César Antonio Molina no acto inaugural do edificio, así como os detalles do proceso de rehabilitación e unha memoria fotográfica comentada. Completan o contido da obra aspectos relacionados cos enfoques e determinacións do proceso e unha aproximación histórica ao edificio orixinal.