Pasar al contenido principal

O Comité Permanente da CRUE reúnese en Valencia para debater sobre o financiamento dos sistema universitario español

Á xuntanza asiste o reitor da USC en calidade de vicepresidente da Conferencia

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, asiste este venres 13 á Universidade Politécnica de Valencia onde se vai celebrar unha xuntanza do Comité Permanente ca Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE).
Na xuntanza, á que Barro asiste en calidade de vicepresidente da CRUE, o tema central ao redor do que se van centralizar as sesións de traballo será o do financiamento universitario. Para elo, o Comité Permanente fará unha valoración da situación actual e revisará os obxectivos e instrumentos de que dispoñen as institucións de ensino superior para alcanzar un mellor financiamento para o sistema universitario español.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.03.2009.