A USC inviste doutor honoris causa ao filólogo italiano Cesare Segre
Filólogo e crítico literario italiano, Cesare Segre recibirá este venres 27 o doutoramento honoris causa da Universidade de Santiago, nun acto que se celebrará a partir das 12:30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca baixo a presidencia do reitor da USC, Senén Barro. Intervirá como madriña do profesor Segre a catedrática de Filoloxía Románica da USC, Mercedes Brea.
Catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Pavia, Segre foi profesor en numerosas universidades europeas e americanas. O seu prestixio como filólogo, teórico da literatura e semiótico convérteno en referencia fundamental para comprender estes ámbitos de estudo na segunda metade do século XX.