Pasar al contenido principal

Presentación do Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC

A vicerreitora de Calidade e Planificación, Dolores Álvarez, presentará este luns, 30 de marzo, o Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC (2009-2011) que converte á compostelá nunha das primeiras universidades españolas e a primeira galega en dotarse dun regulamento deste tipo. A rolda de prensa será ás 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
O Plan, recentemente aprobado, nace para ser aplicado nun período trianual que rematará en 2011 en torno a cinco áreas de actuación como son a promoción da igualdade na acción da USC; presenza, promoción profesional e condicións laborais das mulleres na institución; acoso, actitudes sexistas e percepción da discriminación; conciliación da vida persoal, laboral e familiar; e condicións sociosanitarias, físicas e de entorno do traballo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.03.2009.