Pasar al contenido principal

Preséntase a convocatoria de Bolsas Internacionais Bancaja para 2009

A Vicerreitoría de Relacións Institucionais da USC convoca unha serie de bolsas para fomentar a mobilidade internacional dos seus estudantes. En virtude dun convenio subscrito con Bancaja, concederanse trinta bolsas para cursar estudos durante o curso 2009-2010 en universidades de África, América, Asia e Australia.
Os detalles desta convocatoria explicaranse nunha rolda de prensa a desenvolver este martes, 3 de marzo, ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Pola USC participan o vicerreitor Lourenzo Fernández e o coordinador de Relacións Exteriores, Francisco Javier Sanjiao. En representación de Bancaja asisten o director da Zona de Galicia, José Luis Otero; o director da oficina en Santiago, Juan Luis Garrido; e o responsable de Fundación Bancaja na Unidade de Negocio Norte, Sancho Michell.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.03.2009.