Pasar al contenido principal

Pecha o prazo de inscrición para o curso de fotografía dixital, na Escola de Formación de Profesorado de Lugo

O prazo para a inscrición no curso de fotografía dixital remata o 19 de febreiro. A actividade, dirixida a persoas con coñecementos de fotografía, enmárcase dentro do programa universitario ‘Espazo 2008-2009’, que pon en marcha a Vicerreitoría de Cultura e que neste caso vai ter lugar na Escola de Formación de Profesorado de Lugo durante o mes de marzo.
O curso será impartido por Xoán Piñón todas as fins de semana ata completar as 40 horas. Os interesados poden apuntarse na Vicerreitoría de Cultura do Campus de Lugo, Praza de Pío XII, 3. Os seleccionados deberán abonar tras a súa admisión, 40 euros, para a comunidade universitaria, ou 70 euros, para o resto dos inscritos. As 16 prazas das que dispón o curso cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.02.2009.