Pasar al contenido principal

'Un fotógrafo por libre na cerna do conflito'

José Cendón reflexiona sobre a profesión na Facultade de Filosofía

Baixo o título ‘Un fotógrafo por libre na cerna do conflito’ o galego José Cendón reflexionará nunha conferencia acerca da súa profesión logo de permanecer secuestrado en Somalia preto de 40 días.
A intervención, organizada pola Vicerreitoría de Relacións Institucionais da USC, terá lugar este martes, 17 de febreiro, ás 19:30 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos).
No acto participarán tamén o vicerreitor Lourenzo Fernández, o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro, e o decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Miguel Túñez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.02.2009.