Presentación dos XXIV Encontros de Educación para a Paz, dedicados á pedagoxía dos dereitos humanos
O Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP) organiza entre os días 12 e 14 de marzo os seus XXIV encontros que nesta ocasión farán fincapé na pedagoxía dos dereitos humanos.
O programa dos XXIV Encontros de Educación para a Paz presentaranse este xoves, día 19, ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, nunha rolda de prensa na que participarán o vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández, e o presidente do SGEP, Manuel Dios.