Pasar al contenido principal

O curso 'Televisión e ficción' chega á súa terceira edición na programación de verán da USC

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2009

Televisión e ficción volverán ser por terceiro ano consecutivo obxecto de estudo na Universidade de Verán da USC. Baixo a dirección do profesor Xosé Nogueira Otero, o encontro pretende seguir profundando na reflexión sobre estes dous conceptos, tanto dende o punto de vista teórico como práctico.
Cunha carga lectiva de 35 horas que se estenderá entre os días 13 e 17 de xullo, as dúas primeiras xornadas desenvolveranse baixo un tema marco, desta volta ‘Novo relatos, novas recepcións’ e ‘Os outros discursos televisivos na paisaxe audiovisual contemporánea’, no que o termo ‘ficción televisiva’ pensarase no seu senso máis amplo.
As dúas sesións seguintes terán un carácter máis específico, centrándose en aspectos da ficción serial norteamericana dos anos 80 e 90 e na ficción televisiva española ata o remate da transición. Como novidade fronte edición anteriores, os organizadores engadiron ao esquema habitual unha nova xornada protagonizada por unha mesa redonda na que intervirán unha representación de senlleiros cineastas españois que, no seu momento, abordaron a realización de series televisivas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.06.2009.