A Universidade impartirá en Santiago un curso sobre xerontoloxía
A Universidade de Santiago celebrará do 13 ao 16 de xullo o curso de 32 horas lectivas titulado ‘Actualización en Xerontoloxía: habilidades e coñecementos necesarios para o traballo con maiores’, no que se achegará unha visión completa das habilidades necesarias para levar a cabo un traballo eficaz coas persoas maiores.
Durante este curso, dirixido por Manuel Gandoy Crego e Sandra Fernández Prado, tratarse de promover, ofrecer e facilitar o intercambio de ideas e un contexto de diálogo e debate no que abordarán diferentes achegas interdisciplinares, aplicables á realidade profesional, cara o crecemento da Xerontoloxía.
Así, está prevista a realización de obradoiros formativos, traballo en equipos e postas en práctica de importantes ferramentas didácticas na evolución da innovación educativa, en xeral, e no ámbito da formación xerontolóxica, en particular.
A taxa xeral de matrícula para este curso, que se desenvolverá ata o 16 de xullo no Salón de Actos do Colexio Maio San Clemente (Campus Sur), é de 120 euros. Existe un prezo reducido, de 70 euros, para estudantes universitarios, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC. O prazo para a inscrición, tanto a través internet como por vía presencial (ata o 3 de xullo), xa está aberto.