Pasar al contenido principal

O profesor italiano Gabriele Ranzato falará na USC da guerra civil

Está considerado un dos máximos coñecedores da historia española do século XX

No marco do proxecto de investigación ‘As vítimas, os nomes, as voces e os lugares’, o profesor e investigador da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Pisa, Gabriele Ranzato, impartirá o vindeiro mércores 11 a conferencia ‘A guerra civil de 1936 entre presente e pasado’. O acto, conducido polo investigador principal do proxecto, Lourenzo Fernández, terá lugar na aula 5 da Facultade de Xeografía e Historia ás 19.00 horas.
O hispanista italiano Gabriele Ranzato está considerado un dos máximos coñecedores da historia española do século XX e concretamente da historia da II República e da Guerra Civil. Participou e dirixiu varios congresos e seminarios científicos sobre distintas etapas da historia de España.
Autor de numerosas publicacións, destacan El pasado de bronce. La herencia de la guerra civil en la España democrática, no que aborda o tratamento da memoria do franquismo no contexto democrático, e a síntese sobre a guerra de España El eclipse de la democracia. La guerra civil española y sus orígenes, 1931-1939.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.02.2009.