Presentación da Cátedra Pastora Campos Goldner para a Atención á Diversidade
A Universidade de Santiago aprobou recentemente a creación dunha nova cátedra, a Pastora Campos Goldner para a Atención á Diversidade. Constituída coa colaboración da Fundación do mesmo nome, a Cátedra está a dirixir as súas primeiras accións cara á discapacidade, pero tamén traballará en cuestións sociais e culturais relacionadas coa diversidade.
As características desta nova cátedra, así como as liñas de traballo a desenvolver nun futuro inmediato, explicaranse en rolda de prensa este martes 10 ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Asistirán o seu director, José María Riobó; os vicerreitores de Comunidade Universitaria e Compromiso Social e de Relacións Institucionais, José Manuel Mayán e Lourenzo Fernández, respectivamente; e o coordinador do Servizo de Participación e Integración Universitaria, Javier Agrafojo.