Pasar al contenido principal

Os 'Encontros con Carl Sagan' chegan ao seu fin

É unha iniciativa incluída nas actividades do Ano Internacional da Astronomía 2009

O ciclo ‘Encontros con Carl Sagan’, incluído na programación do Ano Internacional da Astronomía 2009, chega ao seu fin na sesión que se celebrará este martes, día 9.
A cita será a partir das 19:00 horas no Pub Fuco Lois (r/Costa de Xelmirez, 25) onde se proxectarán vídeos de Carl Sagan que darán pé a un coloquio científico posterior.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.06.2009.