Pasar al contenido principal

Un seminario en Matemática profunda nos modelos de crecemento tumoral

Os modelos de crecemento tumoral máis alá da difusión Fickiana serán obxecto de análise nun seminario que este venres 27 vai impartir Gabriel Fernández Calvo, investigador do Instituto de Matemática Aplicada á Ciencia e a Enxeñaría da Universidade de Castela A Mancha (IMACI). A xornada celebrarase na Facultade de Matemáticas da USC a partir das 12:00 horas, no Salón de Graos do centro.
Gabriel Fernández foi premiado polo Instituto Fields para Investigación en Ciencias Matemáticas de Toronto. O premio recoñece a súa achega ao desenvolvemento e solución numérica dun modelo matemático baseado en ecuacións de reacción-difusión que describe como evoluciona a poboación de células tumorais en condicións de hipoxia e de variación de nutrintes e acidez e como estas poden desencadear o proceso de metástase.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.11.2009.