Pasar al contenido principal

O Claustro Universitario debaterá ao longo dos dous próximos días o novo proxecto de Estatutos da USC

O Claustro Universitario da USC comezará este martes, día 1 de decembro, unha xuntanza en sesión extraordinaria que terá como único punto da orde do día o debate e aprobación do proxecto de Estatutos da USC. A xuntanza comezará ás 9:30 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Comunicación.
A votación final de conxunto dos Estatutos, que se realizará en urnas, celebrarase, se a sesión o permite, o mércores 2 de 11:00 a 13:00 horas. De non acadar unha maioría absoluta, efectuarase unha segunda votación ese mesmo día de 17:00 a 19:00 horas.
O órgano de representación universitaria deberá debater ao longo destas dúas xornadas sobre o texto elaborado pola Comisión de Estatutos baixo a presidencia de Rosa Varela Puga e ao que se teñen presentado 133 enmendas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.11.2009.