Pasar al contenido principal

O reitor da USC visita a Facultade de Bioloxía logo de rematadas as obras da primeira fase de remodelación integral do centro

O reitor da USC, Senén Barro, visita este martes 9 ás 11:00 horas a Facultade de Bioloxía logo de rematada a primeira fase da reforma integral que está a experimentar este centro do Campus Sur. Nesta quenda a remodelación afectou aos niveis 0 e 1 onde se emprazan aulas, a biblioteca, conserxerías e instalacións eléctricas, de climatización e de fontanería.
A reforma permitiu que as aulas cumpran con todos os requisitos de seguridade e accesibilidade, que teñan luz natural incluídas as do nivel 0 situadas por debaixo do nivel da rúa e que sexan funcionais e agradables. A Facultade de Bioloxía está inmersa actualmente no proceso de reforma integral do edificio, tanto no exterior como no seu interior.
En breve, comezará a segunda fase da remodelación que afectará a departamentos (despachos e laboratorios de investigación) e aos laboratorios de prácticas. O autor do proxecto é o arquitecto lucense Santiago Catalán e a empresa responsable da execución da reforma é Ferrovial. No seu conxunto, as obras que se están a acometer, permitirán á Facultade de Bioloxía gañar en luminosidade e funcionalidade interior, c un mellor aproveitamento dos espazos dispoñibles nun centro en constante crecemento.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.06.2009.