Pasar al contenido principal

Un investigador do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas intervén nas conferencias do Idis

‘Senescencia, stem cells e cancro’ é o título da conferencia que o investigador Manuel Collado, do Programa de Oncoloxía Molecular do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), pronunciará este xoves 11 ás 13:30 horas na Aula 1 do CHUS.
Manuel Collado doutorouse en Bioquímica e Bioloxía Molecular pola Universidade Autónoma de Madrid cun traballo en novas estratexias de vacinas fronte ao HIV, investigación que realizou baixo a supervisión de Mariano Esteban no Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB). Completou a súa formación posdoutoral con estadías no Ludwig Institute for Cancer Research (London), na New York University e no Memorial Sloan Kettering Cancer Center (New York).
Dende 2001 traballa no grupo de Manuel Serrano no CNIO investigando o fenómeno da senescencia celular como mecanismo supresor de tumores. As súas investigacións publicáronse nas revistas máis prestixiosas, como Nature.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.06.2009.