A profesora Barbara Gatto imparte un seminario sobre biotecnolóxica farmacéutica
A profesora da Universidade de Padova Barbara Gatto impartirá dende este mércores 17 e ata o venres 19 un ciclo de tres conferencias ao redor do deseño, a obtención e o uso de fármacos producidos por biotecnoloxía farmacéutica.
Organizado polo Departamento de Química Orgánica a primeira das sesións será este mércores 17 e estará dedicada á biotencoloxía molecular, para continuar o xoves cun relatorio sobre a produción de fármacos biotecnolóxicos. Rematará o ciclo falando sobre o uso clínico da biofarmacéutica. As tres intervencións comezarán a partir das 12:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Farmacia.