Pasar al contenido principal

O profesor Marcos González analiza os albores do darwinismo nunha conferencia no Paraninfo da Universidade

O profesor do Departamento de Zooloxía da USC Marcos González será o protagonista este xoves 5 dunha nova sesión do programa de divulgación ‘Darwin e a evolución’, organizado pola USC co gallo da conmemoración de 2009 como Ano Darwin.
Marcos González disertará sobre os albores do darwinismo nunha intervención que vai dar comezo ás 21:30 horas no Paraninfo da USC na Facultade de Xeografía e Historia. No Campus de Lugo, todas as persoas interesadas terán unha nova oportunidade de acudir a esta conferencia o día 19 de novembro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.11.2009.