Pasar al contenido principal

Estudantes de ciencias da USC reflexionan sobre a muller no ámbito científico

No marco da exposición interactiva ‘Mulleres Nobel en Fisioloxía ou Medicina. Unha visión non sexista da ciencia’ que ata o día 20 deste mes se pode visitar no Centro de Investigacións Biolóxicas (CIBUS), o Seminario Mulleres e Universidade da USC organiza unha mesa redonda con estudantes de varias facultades de ciencias.
Será ás 19:00 horas cando os alumnos debatan acerca do papel da muller no ámbito científico e a repercusión dos seus achados na actualidade e, posteriormente, teñan a oportunidade de coñecer, nesta ocasión de man da profesora de Fisioloxía Vexetal Gloria Revilla López, a traxectoria profesional da Premio Nobel Barbara McClintock.
Estas mesas redondas celebraranse de novo, con semblanzas doutras mulleres destacadas co Nobel, o martes 10 e xoves 12 de novembro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.11.2009.