Ciencias e Humanidades, a debate na Facultade de Bioloxía
A Aula Magna da facultade compostelá de Bioloxía acolle esta tarde, ás 20:00 horas, a mesa redonda titulada ‘Ciencia e Humanidades: dúas culturas en colisión?’, organizada en colaboración coa Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega.
Moderará o debate Xurxo Mariño e intervirán Marilar Aleixandre, Xosé Miranda, Xabier Paz e Xavier Queipo, todos eles dedicados á bioloxía e á creación literaria.