Inaugúrase en Dereito o Posgrao de Mediación da USC
A terceira edición do Posgrao de Mediación da Universidade de Santiago inaugurarase este mércores 4 ás 19:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito.
No acto participan o vicerreitor de Oferta Docente e EEES, Máximo Pló; o secretario xeral da Conferencia Iberoamericana de Ministros de Xustiza, Víctor Moreno Catena; a directora xeral de Saúde Pública e Planificación, Sagrario Pérez Castellanos; o decano da Facultade de Dereito, Luís Míguez Macho; a directora do curso, a profesora Castillejo Manzanares; e a vicepresidenta 1ª do Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia, Ana Rodríguez Ríos.
A lección maxistral da inauguración correrá a cargo do vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, Antonio Dorado Picón, que será presentado polo fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela García.