'A revolución Darwiniana', nova conferencia do ciclo dedicado a Darwin
‘A revolución Darwiniana’ é o título da conferencia que este martes 10 vai pronunciar o profesor do Departamento de Xenética da USC Gonzalo Álvarez dentro do programa de actividades do ciclo ‘Darwin e a evolución’ que a institución académica desenvolve co gallo da conmemoración do Ano Darwin en 2009.
A intervención celebrarase a partir das 19:30 horas no Salón de Actos da Facultade de Bioloxía, para o 23 de novembro viaxar ata o Campus de Lugo, onde se vai celebrar no Salón de Actos da Escola de Formación do profesorado nun acto previsto para as 16:00 horas.