Pasar al contenido principal

Unha conferencia analiza a reacción da UE ante a crise de Georgia

O profesor José María Santé ofrece unha charla este xoves 16, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Dereito, titulada ‘A Unión Europea ante a crise de Georgia’.
Organizada polo Seminario de Estudos de Seguridade e Defensa USC-CESEDEN, na conferencia trataranse as reaccións provocadas pola recente crise entre Georgia e Rusia que revelaron as profundas diferenzas de percepción que existen aínda na análise xeoestratéxica que se realiza desde Moscú e Occidente acerca dos acontecementos que se produciron no Cáucaso dende o final da Guerra Fría.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.04.2009.