Expertos universitarios analizan a LOE en Lugo
As xornadas sobre a LOE comezan este venres 24 no IES Politécnico cun acto inaugural, ás 18:00 horas, que estará presidido polo vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, acompañado do profesor da Escola Politécnica Superior, Benjamín Rey; a directora do Instituto, Mónica Ramos; e un representante do Concello e do Movemento de renovación Pedagóxica Escola Viva, organismo que organiza estas xornadas xunto coa USC.
O catedrático de Didáctica da Universidade de Málaga, Ángel Pérez, será o encargado de abrir estas sesións tras a inauguración, co relatorio titulado ‘As competencias básicas en relación a un sistema educativo de calidade’.
As charlas previstas para venres e sábado está enfocadas ao tratamento da equidade como un concepto diferenciado do de igualdade, e á análise do sistema educativo desde as perspectivas do profesorado, alumnado, familia e recursos humanos e materiais.