Pasar al contenido principal

O catedrático Antonio Mouriño, premiado no máis destacado congreso internacional sobre Vitamina D

O catedrático Antonio Mouriño no momento en que lle entregaron o recoñecemento
O catedrático Antonio Mouriño no momento en que lle entregaron o recoñecemento

O catedrático de Química Orgánica Antonio Mouriño acaba de recibir unha das distincións outorgadas polo 14 Vitamin D Workshop celebrado na cidade belga de Bruxas e ao que asistiron máis de medio millar de investigadores no eido da Vitamina D.
Esta distinción vén premiar os estudos desenvolvidos polo profesor Mouriño e o seu grupo de investigación no deseño e síntese de metabolitos e análogos da Vitamina D. Esta liña de traballo ten contribuído ao desenvolvemento do coñecemento sobre aspectos relacionados coa osteoporose, o raquitismo, a psoriase, o cancro, a inmunoloxía e a diferenciación celular.
Entregáronlle os recoñecemento ao profesor Mouriño, os profesores Roger Bouillon, da Universidade Católica de Lovaina, e Anthony W. Normal, da Universidade de California, ambos os dous presidentes do encontro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.10.2009.