Pasar al contenido principal

A USC lembra a Haendel no 250 aniversario do seu pasamento

Cando se cumpren 250 anos da morte do compositor de orixe alemán Georg Friedrich Händel, a Universidade de Santiago quere lembrar a súa figura co ciclo de proxeccións comentadas ‘Catro visións de Haendel’ sobre a vida e obra deste ilustre músico, algunhas delas de difícil localización na actualidade.
O programa deste evento cultural presentarano este venres 30 en rolda de prensa o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Juan Monterroso, e o profesor de Historia da Música e coordinador do ciclo, Javier Garbayo. A presentación será ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.10.2009.