Pasar al contenido principal

O Consello de Goberno celebra a súa primeira xuntanza deste curso académico

O Consello de Goberno da USC celebra este mércores 7 a súa primeira xuntanza do curso académico 2009-2010. A reunión desenvolverase a partir das 9:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, incluíndo entre os seus primeiros puntos do día un informe sobre a concesión á USC da consideración de Campus de Excelencia Internacional polo proxecto ‘Campus Vida’.
A aprobación de novas titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, os complementos retributivos autonómicos, as taxas das escolas deportivas para este curso, a modificación do Sistema de Garantía Interna de Calidade, o protocolo de videovixilancia da USC, o acordo de integración dos departamentos de Filoloxía Inglesa e Alemá ou a designación de membros da Comisión Interna de Avaliación do Profesorado (CIAP) do Programa Docentia, son outros puntos a abordar.
Completando a orde do día, o Consello de Goberno trata tamén a modificación de cursos de posgrao, prazas de profesorado, cambios de dedicación, comisións de servizo, eleccións de membros de comisións ou a proposta de nomeamento dun vicedecano na Facultade de Ciencias da Educación, entre outros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.10.2009.