Pasar al contenido principal

O catedrático Darío Villanueva elixido secretario da Real Academia Española

O catedrático de Teoría da Literatura, Literatura Comparada e Lingüística Xeral da USC, Darío Villanueva, acaba de engadir á súa traxectoria profesional e académico un novo reto ao ser elixido secretario da Real Academia Española (RAE). Académico de número para o sillón letra D, o docente ingresou na RAE en xullo de 2007 e agora substitúe no posto a José Manuel Blecua.
Darío VillanuevaReitor da USC dende 1994 ata 2002, Darío Villanueva é un recoñecido experto en Teoría da Literatura, eido no que publicou numerosos ensaios sobre escritores como Valle-Inclán, Azorín, Torrente Ballester, Cela, Emilia Pardo Bazán e Quevedo.
Este catedrático lucense, tamén académico correspondente da RAE en Galicia e da Academia Arxentina das Letras, é membro do comité científico da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, así como doutor honoris causa por sete universidades europeas e americanas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.12.2009.