Os estudantes de educación musical recadan fondos para a viaxe de fin de carreira co ciclo 'A música no cine'
Os estudantes de terceiro curso de educación musical organizan na segunda quincena de xaneiro o ciclo ‘A música no cine’ co que recadarán fondos para a viaxe de fin de carreira.
Cun custe de 18 euros e validable por un crédito de libre configuración ao alumnado das catro especialidades de Mestre, o ciclo consiste na proxección de seis películas e dúas conferencias entre os días 15 e 27 de xaneiro. As charlas correrán a cargo de Javier Garbayo e Alejandro Arnaiz.
As películas que se verán son ‘Farinelli, il castrato’, de Gérard Corbiau; ‘Os chicos do coro’, de Christophe Barratier; ‘The doors’, de Oliver Stone; ‘Vértigo’, de Hitchcock; ‘O piano’, de Jane Campion; e ‘Mozart en Turquía’, de Mick Csaky.