Pasar al contenido principal

A USC asina un convenio coa Deputación Provincial de Lugo para estudar os accidentes causados pola fauna silvestre

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, e o presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, asinarán, o luns 28 ás 13:30 horas no restaurante Terras do Miño (Paseo do Rato, s/n), un convenio de colaboración para a realización dun estudo sobre a incidencia dos accidentes ocasionados pola fauna silvestre na rede viaria luguesa.
O obxectivo deste estudo é establecer os puntos de maior risco para estes atropelos, determinar se se concentran en zonas e épocas determinadas e propor medidas de prevención para este tipo de sinistros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.12.2009.