Pasar al contenido principal

Un curso na ETSE analiza as aplicacións de novos procesos para o tratamento de augas residuais urbanas e industriais

O curso ‘Tecnoloxías Avanzadas para o Tratamento de Augas Residuais’ trae a análise nas aulas da USC as aplicacións de novos procesos para o tratamento de augas residuais urbanas e industriais, ao tempo que se revisarán as tecnoloxías e campos de aplicación posibles e se presentarán as metodoloxías operativas.
A xornada celebrarase este mércores 16 a partir das 9:15 horas na Aula de Proxectos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago, baixo a dirección de Anuska Mosquera no ámbito do proxecto Novedar-Consolider que a súa vez coordina o tamén profesor Juan Lema, ambos os dous do Departamento de Enxeñaría Química.
O curso vai artellar o seu programa ao redor de charlas teóricas que terán a súa réplica inmediata en sesións eminentemente prácticas, a impartir por doce profesores de distintas universidades. Está prevista a asistencia de preto de vinte persoas, na súa maioría enxeñeiros e titulados dos departamentos técnicos e de I+D de empresas e persoal de centros de investigación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.09.2009.