Pasar al contenido principal

Os estudantes elixen aos seus representantes nas xuntas de centro

As votacións serán este mércores de 10:30 a 18:30 horas

As votacións correspondentes ás eleccións de representantes dos estudantes das Xuntas de Centro celebraranse este mércores, día 3 de decembro. A xornada de votación estenderase entre as 10:30 e as 18:30 horas. A este proceso electoral está chamado o estudantado de titulacións oficiais, tanto de 1º, 2º e 3º Ciclo como dos de graos e masters oficiais.
O próximo paso deste proceso electoral será a proclamación provisional de candidatos electos, o que se producirá o 9 de decembro. A presentación de recursos ante a Comisión Electoral Central contra a proclamación provisional de electos poderase realizar ata o 15 de decembro. Finalmente, a proclamación definitiva producirase o 18 de decembro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.12.2009.